• Galego
  • Español

Calendario

Mayo 2012 Junio 2012
Do Lu Ma Mi Ju Vi
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Visitantes:

Tenemos 32 invitados conectado

Consello Evanxélico de Galicia

Inauguración do Hospital de Lugo
Escrito por Comunicación Consello Evanxélico   
Miércoles 23 de Marzo de 2011 19:48

A Coruña 01.03.2011.- O Consello Evanxélico de Galicia, (CEG) acadou un acordo co SERGAS co propósito de dar asistencia relixiosa evanxélica (protestante) a doentes nos hospitais da sanidade pública galega.  O pasado sábado 25 de febreiro ás 12:00 horas  tivo lugar a Inauguración oficial do Hospital HULA (Hospital Universitario Lucus Agusti), a esta inauguración asistiu o secretario executivo do CEG, David Rego, quen valorou este feito como positivo e no camiño do acerto.

É o primeiro hospital que se inaugura en Galicia e tamén en España que contará nas súas instalacións cunha capela interconfesional, onde os protestantes compartirán o seu uso por primeira vez en igualdade de condicións cos católicos.

 

Pola súa parte David Rego mostrou ademais a súa satisfacción por este feito histórico na actual etapa da democracia española onde os dereitos constitucionais deben cubrir a todos os cidadáns deste país sen distinción de ideoloxía ou relixión. Se ben é certo que é o primeiro hospital que se inaugura en Galicia que contará cunha capela interconfesional, tamén é certo que o traballo continúa para os evanxélicos no terreo do servizo de atención espiritual. Dende o Consello Evanxélico de Galicia aclara, queda moito camiño por andar, isto é só un primeiro avance.

Un dos traballos que lle toca lidiar ao CEG na actualidade segue sendo o de rachar coas ideas equivocadas e esterotipadas e presentar unha imaxe real de quen é o pobo evanxélico cara a sociedade galega, así como mostrar á sociedade en xeral, o traballo, a maioría das veces calado, que moitos evanxélicos desenvolven no ámbito social e tamén no terreo cultural.