| Convocatoria para explicar o proxecto "Mi Esperanza" |
| Escrito por Comunicación Consello Evanxélico |
| Miércoles 23 de Marzo de 2011 22:54 |
|
Convocatoria sobre un encontro Galego en Santiago para explicar o proxecto “Mi esperanza” (Santiago, 23/03/2011).- O Consello Evanxélico de Galicia (CEG) quere convidar a todos os pastores, anciáns e líderes de igrexas de Galicia a unha xuntanza informativa sobre o Proxecto “Mi Esperanza”. A iniciativa deste proxecto é da asociación Billy Graham, en acordo coa FEREDE (Federación de Institucións Evanxélicas de España) así como con outras institucións evanxélicas. A xuntanza terá lugar o xoves, 24 de marzo na cidade de Santiago de Compostela, ás 18:00 horas na Igrexa Evanxélica do Centro Cristiano, sita na rúa do Horreo, nº 87. Pola súa parte o CEG, como órgano da FEREDE en Galicia, quere manifestar o seu apoio explícito e inequívoco a este proxecto evanxelístico que se desenvolverá en España no próximo mes de decembro deste ano 2011. Para a exposición deste proxecto ás igrexas de Galicia contarase coa presenza de Oscar Tesone, coordinador rexional do Proxecto “Mi esperanza”, así como co coordinador nacional e un representante da asociación Billy Graham. O CEG agrace o esforzo feito ao equipo de “Mi esperanza” por achegarse ata Santiago para dar a coñecer máis fondamente este proxecto. |





