| Convocatoria nacional de Oración España Oramos por Ti 2011 |
| Escrito por Comunicación Consello Evanxélico |
| Sábado 26 de Marzo de 2011 17:31 |
|
(A Coruña, 26/03/2011).- O Consello Evanxélico de Galicia (CEG) convida a participar o próximo sábado, 2 de abril a este evento a todas as familias denominacionais do pobo evanxélico. Na convocatoria deste ano 2011, o equipo coordinador de España Oramos por ti, optou por realizalo simultaneamente nas 52 provincias de España. En Galicia están previstos, catro encontros á mesma hora en cada unha da provincias galegas. A duración será aproximadamente de dúas horas. O desenvolvemento do programa de España Oramos por ti dará comezo ás 19:00 horas e tamén comezará a esa mesma hora en todas as provincias do territorio nacional. NA CORUÑA: O encontro celebrarase na Universidade Laboral (I.E.S. Cruceiro Baleares), situada no Burgo- Acea da ama s/n. Culleredo (A Coruña). LUGO: Será na Igrexa Evanxélica da rúa Emilia Pardo Bazán, 4-6 Baixo (a carón da Capela de San Roque). OURENSE: O encontró terá lugar na Igrexa Evanxélica- Asembleas de Diaz, sita na Avda. Buenos Aires nº 206, Ourense. PONTEVEDRA: Celebrarase na cidade de VIGO. Na Igrexa de HOREB, Carretera Lameiro, 44 (VEDIGA) Vigo.
O CEG súmase ás declaracións do equipo de España Oramos por ti, de afastarse dos nacionalismos, partidismos ou denominacionalismos. De ser así perdería a esencia principal desta convocatoria procurando non centrar en ningún grupo ou denominación concreta calquera protagonismo. A idea parte de presentar ao pobo evanxélico de España unido en oración. Por iso, esta iniciativa non tratará de destacar a ninguén en particular crendo que a forza e o sentido da mesma reside na suma de todos os que participen. O CEG tamén anima a participar con bandeiras ou pancartas alusivas ao evento, creando un ambiente alegre e cheo de colorido. Pídese ás igrexas que asistan e que inviten a toda a congregación en pleno convidándoas a estar presentes promovendo a unidade de todo o Corpo de Cristo na zona. En España, os Consellos Evanxélicos das distintas Comunidades Autónomas serán os encargados da organización do acto para que se desenvolva na maioría das provincias, noutros casos tamén se delegou en Fraternidades ou Comités locais ou provinciais, concretamente en Galicia no CEG considerouse a posibilidade de formar comités provinciais. MOTIVOS PRINCIPAIS DE ORACIÓN (resumo) A familia. Este ano o evento dividirase entre participacións locais e nacionais, tamén está previsto que se seccionen as peticións de oración entre os intervintes locais e o nacionais. A medida que se acerca a data do evento, o reparto peticións de oración farase de xeito máis concreto. A Coruña, 26 de marzo de 2011
Máis información na páxina web: http://www.espanaoramosporti.es/ |





