| O Consello Evanxélico de Galicia amosa a súa satisfación polo desenvolvemento dos libros de texto de ensinanza relixiosa evanxélica de educación primaria |
| Escrito por Comunicación Consello Evanxélico |
| Miércoles 11 de Noviembre de 2009 01:00 |
|
A Coruña, 18.11.2009.- O Consello Evanxélico de Galicia,(CEG) representante das Igrexas Evanxélicas ou Protestantes de Galicia mostra a súa satisfacción polo traballo que a FEREDE (Federación de Entidades Relixiosas Evanxélicas de España) está a desenvolver cunha empresa editorial para a edición de seis libros de texto de Ensinanza Relixiosa Evanxélica para a educación primaria. A previsión de remate deste libros será de dous a tres anos. Un grupo de traballo ou comisión traballará no establecemento dos obxectivos e contidos do curriculum de Ensinanza Relixiosa Evanxélica de primaria na prucura de adaptar o ese curriculum ao xa existente. En canto ao grupos de traballo, formados por profesionais contratados pola editorial e outras persoas colaboradoras a FEREDE estable que son grupos abertos, polo que calquera persoa interesada en integrarse nel poderé enviar o seu curriculum á Consellería de ERE da Ferede para a súa consideración. En canto aos traballos resalta que serán no seu momento compartidos por grupos denominacionais e Consellos Evanxélicos Autonómicos, polo que se prevé ademais a súa tradu.ción a outras linguas do Estado español, que como cabe mencionar aquí, agardamos pois, a futura tradución ao idioma galego. A Coruña, 18 novembro 2009
Escrito polo Departamento de Comunicación do CEG
|





