| A primeira Xuntanza Galega cos Evanxélicos na Alameda de Santiago contou cunha ampla participación no evento |
| Escrito por Comunicación Consello Evanxélico |
| Domingo 19 de Septiembre de 2010 21:52 |
|
Ao longo de todo o día distintas ONGs, e Asociacións de Traballo Social, expuxeron o traballo feito en Galicia e dende Galicia con destino a outros países mostrando na exposición as actividades que desenvolven no ámbito cultural e social. A primeira da hora da tarde, os nenos/as que participaron nesta festa desfrutaron de inchables. A mostra de TALENTOS onde mozos/as noveles, con talentos diferentes tiveron a oportunidade de presentar a súa actuación, a pesar de comezar cunha hora de retraso por mor de pequenos axustes técnicos no son, contou cun público entregado e entusiasmado ante o repertorio ofertado. Ademais de grupos musicais, participaron tamén un grupo de teatro e outro de Break dance que recibiu moitos aplausos.
O Consello Evanxélico de Galicia (CEG), considera que esta foi una aposta a favor do traballo polo respecto ás liberdades e a tolerancia tal como lle corresponde a un país democrático y plural no ámbito relixioso. Por iso un dos motivos do CEG na aposta de celebrar a I Xuntanza cos evanxélicos foi continuar traballando para rachar coas ideas equivocadas e esterotipadas, e presentar unha imaxe real de quen é o pobo evanxélico cara a sociedade galega, así como mostrar o traballo, a maioría da veces calado, que moitos evanxélicos (protestantes) desenvolven no ámbito social e tamén no terreo cultural.
|





Santiago, 19.09.2010.- O Consello Evanxélico de Galicia, (CEG) manifesta a súa satisfacción pola grande participación coa que contou a I Xuntanza cos Evanxélicos en Santiago de Compostela, así como polo desenvolvemento da mesma. A inauguración oficial deste acto celebrado na Alameda, concretamente na Carballeira de Santa Susana, tivo lugar ás 12:00 horas, e correu a cargo do presidente e do secretario executivo do CEG.
Xa de noite no apartado do grande CONCERTO, amenizado por dous grupos musicais profesionais, a actuación comezou polo o grupo: 1Dtantos. Grupo Galego de Hip-Hop, para este grupo a música é o vehículo para conectar co público e contar historias sobre a vida e a morte. Pechou a noite de concerto o grupo SAL150, grupo Catalán de Rock - Folk con aires celtas. Este grupo semella que atopou na música unha linguaxe persoal propia, onde logran con contundencia levantar emocións e sentimentos de ánimo pola vida.