• Galego
  • Español

Directorio:

Visitantes:

Temos 26 convidados en liña

Consello Evanxélico de Galicia

Medios de Comunicación

encarna crujeiras

Secretaria de Medios de Comunicación do CEG

Encarna Crujeiras

Contacto:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Benvidos á páxina do Consello Evanxélico de Galicia, na que agardamos atopedes información precisa que vos axude a afondar na procura dunha nova axeitada sobre os crentes evanxélicos galegos.

O Consello Evanxélico de Galicia (CEG),  está integrado por igrexas e entidades evanxélicas ou protestantes con sede na Comunidade Autónoma Galega.

O CEG é a entidade asociativa que fai visible ás igrexas como grupo corporativo na sociedade galega, por un lado, propiciando unha maior e mellor expansión de evanxeo, coordinando esforzos e actividades e por outro, potenciando a fraternidade entre as distintas congregacions locais. Noutra orde de cousas,  ofrecendo á sociedade un conxunto de servizos a través das diferentes igresas, denominacións ou entidades, tales como actividades culturais, apoio a marginados ou a drogodepentes, colaboración con ONG´s e outros.

O CEG, é pois, unha plataforma para os evanxélicos ou protestantes galegos que reforza o coñecemento mutuo dos fieis das diferentes denominacións, contribuindo a  afondar na fe común, na historia e na testemuña cristiá.

Non todas as igrexas evanxélicas de Galicia, a día de hoxe, están formalmente integradas no CEG, polo cal dende aquí queremos animar a aquelas que teñen esta tarefa pendente, que se adscriban a este organismo formalmente, fortalecendo así a imaxe corporativa do pobo evanxélico ou protestante, e beneficiándose ellas mesmas das vantaxes que supón formar parte dunha entidade destas características, sen perder por iso a súa independencia e autonomía.

Agardando que Deus vos bendiga en toda a vosa búsqueda, reitero a miña benvida a esta páxina.

Obxetivos do Departamento de Medios de Comunicación:

A Consellería de Relacións cos Medios de Comunicación ten a responsabilidade de facilitar as relacións cos medios de comunicación social, e o propósito de encauzar a información de xeito adecuado e veraz, para que se coñeza e se reflexe de forma obxetiva a realidade do pobo evanxélico/protestante especialmente o que reside na Comunidade Autónoma de Galicia.

As súas principais liñas de actuación son:

  • Promover canais de comunicación entre aas igrexas evanxélicas/protestantes de Galicia e o Consello Evánxelico de Galicia (CEG).

  • Dar a coñocer o Consello Evanxélico de Galcia e o que representa aos medios de comunicación, co envío de notas de prensa sobre feitos relevantes ou de calquer outro tipo na súa relación coas Administracións Públicas ou con distintas entidades.

  • Renovar a páxina web do Consello Evanxélico de Galicia, con noticias actualizadas sobre os evanxélicos en Galicia principalmente.

  • Establecer unha rede de corresponsalías nas igrexas, denominacións e institucións para a recepción de noticias e promover así, a comunicación entre os evanxélicos/protestantes galegos, as súas igrexas e entidades.

  • Asesorar ao Consello Evanxélico en todo o relacionado cos medios de comunicación.

  • Establecer unha oficina de asesoramiento ás igrexas que o soliciten na súa relación cos medios de comunicación, sobre noticias de interese xeral.