• Galego
  • Español

Calendario

Maio 2012 Xuño 2012
Su Mo Tu We Th Fr Sa
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Visitantes:

Temos 32 convidados en liña

Consello Evanxélico de Galicia

Convocatoria para explicar o proxecto "Mi Esperanza"
Escrito por Comunicación Consello Evanxélico   
Mércores, 23 Marzo 2011 22:54

Convocatoria sobre un encontro Galego en Santiago para explicar o proxecto “Mi esperanza”

(Santiago, 23/03/2011).- O Consello Evanxélico de Galicia (CEG) quere convidar a todos os pastores, anciáns e líderes de igrexas de Galicia a unha xuntanza informativa sobre o Proxecto “Mi Esperanza”.  A iniciativa deste proxecto é da asociación Billy Graham, en acordo coa FEREDE (Federación de Institucións Evanxélicas de España) así como con outras institucións evanxélicas.

A xuntanza terá lugar o xoves, 24 de marzo na cidade de Santiago de Compostela, ás 18:00 horas na Igrexa Evanxélica do Centro Cristiano, sita na rúa do Horreo, nº 87.

Pola súa parte o CEG, como órgano da FEREDE en Galicia, quere manifestar o seu apoio explícito e inequívoco a este proxecto evanxelístico que se desenvolverá en España no próximo mes de decembro deste ano 2011.

Para a exposición deste proxecto ás igrexas de Galicia contarase coa presenza de Oscar Tesone, coordinador rexional do Proxecto “Mi esperanza”, así como co coordinador nacional  e un representante da asociación Billy Graham.

O CEG agrace o esforzo feito ao equipo de “Mi esperanza” por achegarse ata Santiago para dar a coñecer máis fondamente este proxecto.