• Galego
  • Español

Calendario

Febreiro 2012 Marzo 2012
Su Mo Tu We Th Fr Sa
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29

Visitantes:

Temos 48 convidados en liña

Consello Evanxélico de Galicia

O Consello Evanxélico de Galicia celebrou a xuntanza anual
Escrito por Comunicación Consello Evanxélico   
Sábado, 26 Marzo 2011 16:30

 

(Santiago, 25/03/2011).- Un ano máis o Consello Evanxélico de Galicia (CEG) celebrou a asemblea anual o pasado  sábado día 12 de marzo de 2011, na Ramallosa, Concello de Teo, preto de Santiago de Compostela no local da Igrexa de Asembleas de Hermanos de Teo, ao cal estaban convocadas todas as igrexas membros deste organismo.

Na quenda de maña tivo lugar a reunión da Xunta do CEG e na quenda de tarde celebrouse a xuntanza da asemblea xeral anual. A asemblea xeral  comezou cun breve devocional por parte do presidente saínte, Miguel Vilas, representante das Asambleas de Dios no CEG. Posteriormente deuse paso a aprobación da acta anterior para continuar coa lectura dos informes do presidente, secretario executivo, tesourería, así coma das consellerías e a súa posterior aprobación  en todo aquilo que procedía.  Asumindo unha  longa orde do día con moitos e importantes puntos a tratar, os membros do CEG aprobaron tamén varios proxectos aos que con ilusión pretende facerlle fronte.

Este ano tamén tivo lugar a renovación  de varios cargos que se elixen segundo os estatutos do CEG por períodos de dous ou catro anos segundo as responsabilidades correspondentes. Así  pois, nesta xuntanza procedeuse  á renovación de varios cargos, entre eles cabe destacar o da presidencia do CEG e a do secretario executivo. A presidencia é un cargo rotativo que nesta ocasión recaeu na denominación das Asembleas de Hermanos,  saíndo elixido  como presidente Timoteo Figueirido Woodford, representante do CEG desta denominación e actual pastor da Igrexa Evanxélica de Asambleas de Hermanos de A Coruña.  En canto a secretaría executiva,  estará a cargo do actual secretario executivo, David Rego quen voltou presentar  a súa candidatura  para un novo período de catro anos, saíndo elixido e apoiado por ampla maioría na renovación desta responsabilidade. Para  desenvolver a labor nalgunha consellería, como por exemplo a  para Xuventude tamén se presentaron candidatos quedando pendentes de cubrirse outras.

Santiago, 25 de marzo de 2011