• Galego
  • Español

Calendario

Maio 2012 Xuño 2012
Su Mo Tu We Th Fr Sa
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Visitantes:

Temos 34 convidados en liña

Consello Evanxélico de Galicia

O Consello Evanxélico de Galicia amosa a súa satisfación polo desenvolvemento dos libros de texto de ensinanza relixiosa evanxélica de educación primaria
Escrito por Comunicación Consello Evanxélico   
Mércores, 11 Novembro 2009 01:00

A Coruña, 18.11.2009.- O Consello Evanxélico de Galicia,(CEG) representante das Igrexas Evanxélicas ou Protestantes de Galicia mostra a súa satisfacción polo traballo que a FEREDE (Federación de Entidades Relixiosas Evanxélicas de España) está a desenvolver cunha empresa editorial para a edición de seis libros de texto de Ensinanza Relixiosa Evanxélica para a educación primaria. A previsión de remate deste libros será de dous a tres anos.

Un grupo de traballo ou comisión traballará no establecemento dos obxectivos e contidos do curriculum de Ensinanza Relixiosa Evanxélica de primaria na prucura de adaptar o ese curriculum ao xa existente.

En canto ao grupos de traballo, formados por profesionais contratados pola editorial e outras persoas colaboradoras a FEREDE estable que son grupos abertos, polo que calquera persoa interesada en integrarse nel poderé enviar o  seu curriculum á Consellería de ERE da Ferede para a súa consideración. En canto aos traballos resalta que serán no seu momento compartidos por grupos denominacionais e Consellos Evanxélicos Autonómicos, polo que se prevé ademais a súa tradu.ción a outras linguas do Estado español, que como cabe mencionar aquí, agardamos pois, a futura tradución ao idioma galego.

 A Coruña, 18 novembro 2009


Máis información sobre este asunto en ferede.org 

Escrito polo Departamento de Comunicación do CEG