• Galego
  • Español

Calendario

Maio 2012 Xuño 2012
Su Mo Tu We Th Fr Sa
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Visitantes:

Temos 33 convidados en liña

Consello Evanxélico de Galicia

O Consello Evanxélico de Galicia organiza unha 2º Xornada Pastoral Hospitalaria
Martes, 06 Abril 2010 19:35

CONSELLO EVANXELICO

O Consello Evanxélico de Galicia (CEG) leva traballando dente fai tempo a prol da normalización do traballo pastoral en centros hospitalarios na nosa comunidade autónoma de Galicia. Froito desa labor naceu o AREH “Asistencia Relixiosa Evanxélica Hospitalaría”. Como pasos a dar, dentro desa desexada normalizacióno CEG acordou convocar a “2ª Xornada Pastoral Hospitalaria” para o próximo 10 de abril. Esta previsto que se realice no local da Igrexa Evanxélica Vida Nova de Oleiros ( A Coruña).

O obxectivo principal desta xornada e formar e capacitar máis e mellor a todos/as aqueles/as que veñan desenvolvendo esta labor, ou que se senten interesados en realizarla e o desexan facer nas mellores condicións posibles.

Nestas xornadas trataranse temas de grande interese para aqueles/as que queiran colaborar na labor pastoral nos centros hospitarios como son, entre outros: Biblia e saúde, Pastoral ao doente; Pastoral á familia do enfermo; Atención ao doente terminal; Testemuña no ámbito do hospital”.

O Consello Evanxélico de Galicia, entregará unha acreditación oficial aos asistentes a esta 2ª Xornada Pastoral Hospitalia, que ademais conten co certificado de idoneidade proporcionado pola súa igrexa pertencente ao CEG, a cal lles permitirá acceder aos centros hospitalarios e exercer o ministerio de visitación aos doentes hospitalizados.

Descargar PDF de Información

Descargar Planilla de Inscripción na 2º Xornada Pastoral Hospitalaria

Máis información no teléfono 600 005 875 ou no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Editado: Comunicación Consello Evanxélico