| II Mostra de artes e talentos - 10 de Xullo do 2010 |
| Escrito por Comunicación Consello Evanxélico |
| Venres, 07 Maio 2010 12:47 |
|
O Consello Evanxélico de Galicia convoca a todolos evanxélicos de Galicia a II MOSTRA DE ARTES E TALENTOS que terá lugar o vindeiro 10 de Xullo de 2009 no Centro Sociocultural de Vite, na rua Pintor Carlos Maside nº 7, Santiago de Compostela. Como na edición anterior, esta actividade encádrase dentro da serie de eventos preparatorios da "I Xuntanza cos Evanxélicos de Galicia", prevista para Setembro deste mesmo ano.
Esta “Mostra” ten como obxectivo reunir a todolos evanxñelicos con aptitudes e talentos artísticos en calquera das suas múltiples menifestacións. Dexesamos amosar que o pobo evanxélico ten aptitudes e capacidades descoñecidas para a meirande parte da poboación; e que poderian unha gran riqueza a nosa terra. Para elo precisamos da participación de todolos evanxélicos. Esta participación poderá darse en calquera dos apartados, escollendo cada participante aquela na que entenda que mellor pode integrarse a sua participación: 1. Ballet e Danza Clásica. Un Xurado composto por persoas vencelladas o mundo das artes fará unha valoración da actuación; aconsellará posibeis melloras e seleccionará a aquelles que reunan as condicións de cualidade para poder participar na Xuntanza Cos Evanxélicos de Galicia representado a todos os evanxélicos galegos nese evento. Esta participación suporá un importatnte apoio para eses novos talentos. Os interesados en participar nesta II Mostra de Artes e Talentos, organizada polo Consello Evanxélico de Galicia deberán incribirse, antes do día 25 de Xuño de 2010, enviando un correo electrónico a dirección de correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo facendo constar os datos solicitados na planilla adxunta. Poderá tamén, cumplimentar a citada plantilla en formato PDF e voltala remitindoa a dirección electrónica xa citada. En todo caso É IMPRESCINDIBLE contar co apoio da igrexa a que pertence, expresado a traveso da planilla de inscripción. Calquera dubida pode consultarse en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Descargar o formulario de inscripción desde esta ligazón Fonte: Comunicación Consello Evanxélico
|






