| I Xuntanza cos evanxélicos de Galicia |
| Escrito por Comunicación Consello Evanxélico |
| Luns, 06 Setembro 2010 20:07 |
|
A I Xuntanza cos evanxélicos vaise celebrar o próximo 18 de setembro de 2010 na Carballeira de Santa Susana (Alameda) en Santiago de Compostela. A esta xuntanza están convidados todos os evanxélicos de Galicia así como todas aquelas persoas que desexen coñecer o traballo que dende anos veñen desenvolvendo. Para iso estarán presentes en, Lugar: Carballeira de Santa Susana,(Alameda) SANTIAGO DE COMPOSTELA.Data: 18 de Setembro de 2010.Horario: 10:00 da mañá ata 23:00 horas.Nesta xuntanta porase a disposición das ONGs, previa solicitude, un espazo para a exposición do seu traballo e difusión dos seus fins para aquelas que así o desexen. Un dos obxectivos desta I Xuntanza cos evanxélicos é mostrar á sociedade en xeral, o traballo, na maioría da veces calado, que moitos crentes evanxélicos desenvolven no ámbito social e tamén no terreo cultural. Dende a constitución do Consello Evanxélico de Galicia, este propuxo como un dos seus fins, traballar para que as igrexas de Galicia e os evanxélicos galegos, puidesen chegar a ser percibidos máis e mellor polo resto da sociedade, á cal como crentes, queren servir e bendicir. Dente entón, foron moitas as iniciativas que con maior ou menor éxito, vén desenvolvendo. A I Xuntanza cos evanxélicos pretende ser unha actividade, se Deus o permite, que se repetirá periodicamente variando tan só a ubicación da mesma, e cuxo obxectivo fundamental é transmitir unha imaxe cercana, de normalidade e de utilidade dos evanxélicos galegos. Busca rachar coas ideas equivocadas e esterotipadas e presentar unha imaxe real de quen é o pobo evanxélico cara a sociedade galega. |





