|
Escrito por Comunicación Consello Evanxélico
|
|
Sábado, 26 Marzo 2011 17:31 |
|

(A Coruña, 26/03/2011).- O Consello Evanxélico de Galicia (CEG) convida a participar o próximo sábado, 2 de abril a este evento a todas as familias denominacionais do pobo evanxélico. Na convocatoria deste ano 2011, o equipo coordinador de España Oramos por ti, optou por realizalo simultaneamente nas 52 provincias de España.
En Galicia están previstos, catro encontros á mesma hora en cada unha da provincias galegas. A duración será aproximadamente de dúas horas. O desenvolvemento do programa de España Oramos por ti dará comezo ás 19:00 horas e tamén comezará a esa mesma hora en todas as provincias do territorio nacional.
NA CORUÑA: O encontro celebrarase na Universidade Laboral (I.E.S. Cruceiro Baleares), situada no Burgo- Acea da ama s/n. Culleredo (A Coruña).
LUGO: Será na Igrexa Evanxélica da rúa Emilia Pardo Bazán, 4-6 Baixo (a carón da Capela de San Roque).
OURENSE: O encontró terá lugar na Igrexa Evanxélica- Asembleas de Diaz, sita na Avda. Buenos Aires nº 206, Ourense.
PONTEVEDRA: Celebrarase na cidade de VIGO. Na Igrexa de HOREB, Carretera Lameiro, 44 (VEDIGA) Vigo.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Comunicación Consello Evanxélico
|
|
Sábado, 26 Marzo 2011 16:30 |
|
(Santiago, 25/03/2011).- Un ano máis o Consello Evanxélico de Galicia (CEG) celebrou a asemblea anual o pasado sábado día 12 de marzo de 2011, na Ramallosa, Concello de Teo, preto de Santiago de Compostela no local da Igrexa de Asembleas de Hermanos de Teo, ao cal estaban convocadas todas as igrexas membros deste organismo.
Na quenda de maña tivo lugar a reunión da Xunta do CEG e na quenda de tarde celebrouse a xuntanza da asemblea xeral anual. A asemblea xeral comezou cun breve devocional por parte do presidente saínte, Miguel Vilas, representante das Asambleas de Dios no CEG. Posteriormente deuse paso a aprobación da acta anterior para continuar coa lectura dos informes do presidente, secretario executivo, tesourería, así coma das consellerías e a súa posterior aprobación en todo aquilo que procedía. Asumindo unha longa orde do día con moitos e importantes puntos a tratar, os membros do CEG aprobaron tamén varios proxectos aos que con ilusión pretende facerlle fronte.
Este ano tamén tivo lugar a renovación de varios cargos que se elixen segundo os estatutos do CEG por períodos de dous ou catro anos segundo as responsabilidades correspondentes. Así pois, nesta xuntanza procedeuse á renovación de varios cargos, entre eles cabe destacar o da presidencia do CEG e a do secretario executivo. A presidencia é un cargo rotativo que nesta ocasión recaeu na denominación das Asembleas de Hermanos, saíndo elixido como presidente Timoteo Figueirido Woodford, representante do CEG desta denominación e actual pastor da Igrexa Evanxélica de Asambleas de Hermanos de A Coruña. En canto a secretaría executiva, estará a cargo do actual secretario executivo, David Rego quen voltou presentar a súa candidatura para un novo período de catro anos, saíndo elixido e apoiado por ampla maioría na renovación desta responsabilidade. Para desenvolver a labor nalgunha consellería, como por exemplo a para Xuventude tamén se presentaron candidatos quedando pendentes de cubrirse outras.
Santiago, 25 de marzo de 2011

|
|
|
Escrito por Comunicación Consello Evanxélico
|
|
Mércores, 23 Marzo 2011 22:54 |
|

Convocatoria sobre un encontro Galego en Santiago para explicar o proxecto “Mi esperanza”
(Santiago, 23/03/2011).- O Consello Evanxélico de Galicia (CEG) quere convidar a todos os pastores, anciáns e líderes de igrexas de Galicia a unha xuntanza informativa sobre o Proxecto “Mi Esperanza”. A iniciativa deste proxecto é da asociación Billy Graham, en acordo coa FEREDE (Federación de Institucións Evanxélicas de España) así como con outras institucións evanxélicas.
A xuntanza terá lugar o xoves, 24 de marzo na cidade de Santiago de Compostela, ás 18:00 horas na Igrexa Evanxélica do Centro Cristiano, sita na rúa do Horreo, nº 87.
Pola súa parte o CEG, como órgano da FEREDE en Galicia, quere manifestar o seu apoio explícito e inequívoco a este proxecto evanxelístico que se desenvolverá en España no próximo mes de decembro deste ano 2011.
Para a exposición deste proxecto ás igrexas de Galicia contarase coa presenza de Oscar Tesone, coordinador rexional do Proxecto “Mi esperanza”, así como co coordinador nacional e un representante da asociación Billy Graham.
O CEG agrace o esforzo feito ao equipo de “Mi esperanza” por achegarse ata Santiago para dar a coñecer máis fondamente este proxecto. |
|
Escrito por Comunicación Consello Evanxélico
|
|
Mércores, 23 Marzo 2011 19:48 |
|

A Coruña 01.03.2011.- O Consello Evanxélico de Galicia, (CEG) acadou un acordo co SERGAS co propósito de dar asistencia relixiosa evanxélica (protestante) a doentes nos hospitais da sanidade pública galega. O pasado sábado 25 de febreiro ás 12:00 horas tivo lugar a Inauguración oficial do Hospital HULA (Hospital Universitario Lucus Agusti), a esta inauguración asistiu o secretario executivo do CEG, David Rego, quen valorou este feito como positivo e no camiño do acerto.
É o primeiro hospital que se inaugura en Galicia e tamén en España que contará nas súas instalacións cunha capela interconfesional, onde os protestantes compartirán o seu uso por primeira vez en igualdade de condicións cos católicos.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Comunicación Consello Evanxélico
|
|
Sábado, 18 Decembro 2010 02:09 |
|

(A Coruña, 17.12.2010).- El Coro Evangélico de Marín participará en el Festival Navideño en la Ciudad de A Coruña tras una larga trayectoria de 42 años de actuaciones. El Festival Navideño tendrá lugar en el Auditorio del Conservatorio Superior de Música de A Coruña (Calle Manuel Murgía nº 44 - al lado del Instituto Agra II -) el sábado, 18 de diciembre de 2010 a las 19:00 horas. Este acto está organizado por la Asociación de Pastores Evangélicos de A Coruña en colaboración el mencionado Conservatorio Superior de Música de la Consellería de Educación. La entrada será libre.
La excelente calidad y nivel artístico que ofrece este coro llega a la Coruña ofreciendo un recorrido marcado por diferentes estilos musicales, destacando de manera especial en el ámbito de los estilos espirituales. Su dedicación y trayectoria que comprende entre otros, un variado repertorio de típicos y tradicionales modos que hacen alusión a la época de la Reforma Protestante. También un incluye hermosas versiones de clásicos navideños. Es un coro aficionado, inter-generacional, inter-racial, inter-cultural formado por más de medio centenar de voces que han logrado incluso traspasar las fronteras de España además de participar en algún programa de RTVG y TVE.
A Coruña, 17 de diciembre de 2010
Comunicación CEG |
|
Escrito por Comunicación Consello Evanxélico
|
|
Domingo, 19 Setembro 2010 21:52 |
|
Santiago, 19.09.2010.- O Consello Evanxélico de Galicia, (CEG) manifesta a súa satisfacción pola grande participación coa que contou a I Xuntanza cos Evanxélicos en Santiago de Compostela, así como polo desenvolvemento da mesma. A inauguración oficial deste acto celebrado na Alameda, concretamente na Carballeira de Santa Susana, tivo lugar ás 12:00 horas, e correu a cargo do presidente e do secretario executivo do CEG.
Ao longo de todo o día distintas ONGs, e Asociacións de Traballo Social, expuxeron o traballo feito en Galicia e dende Galicia con destino a outros países mostrando na exposición as actividades que desenvolven no ámbito cultural e social.
A primeira da hora da tarde, os nenos/as que participaron nesta festa desfrutaron de inchables. A mostra de TALENTOS onde mozos/as noveles, con talentos diferentes tiveron a oportunidade de presentar a súa actuación, a pesar de comezar cunha hora de retraso por mor de pequenos axustes técnicos no son, contou cun público entregado e entusiasmado ante o repertorio ofertado. Ademais de grupos musicais, participaron tamén un grupo de teatro e outro de Break dance que recibiu moitos aplausos.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Comunicación Consello Evanxélico
|
|
Luns, 06 Setembro 2010 20:07 |
|

A I Xuntanza cos evanxélicos vaise celebrar o próximo 18 de setembro de 2010 na Carballeira de Santa Susana (Alameda) en Santiago de Compostela. A esta xuntanza están convidados todos os evanxélicos de Galicia así como todas aquelas persoas que desexen coñecer o traballo que dende anos veñen desenvolvendo. Para iso estarán presentes en,
Lugar: Carballeira de Santa Susana,(Alameda) SANTIAGO DE COMPOSTELA.
Data: 18 de Setembro de 2010.
Horario: 10:00 da mañá ata 23:00 horas.
Nesta xuntanta porase a disposición das ONGs, previa solicitude, un espazo para a exposición do seu traballo e difusión dos seus fins para aquelas que así o desexen.
Un dos obxectivos desta I Xuntanza cos evanxélicos é mostrar á sociedade en xeral, o traballo, na maioría da veces calado, que moitos crentes evanxélicos desenvolven no ámbito social e tamén no terreo cultural.
|
|
Ler máis...
|
|
Martes, 06 Abril 2010 19:35 |
|

O Consello Evanxélico de Galicia (CEG) leva traballando dente fai tempo a prol da normalización do traballo pastoral en centros hospitalarios na nosa comunidade autónoma de Galicia. Froito desa labor naceu o AREH “Asistencia Relixiosa Evanxélica Hospitalaría”. Como pasos a dar, dentro desa desexada normalizacióno CEG acordou convocar a “2ª Xornada Pastoral Hospitalaria” para o próximo 10 de abril. Esta previsto que se realice no local da Igrexa Evanxélica Vida Nova de Oleiros ( A Coruña).
O obxectivo principal desta xornada e formar e capacitar máis e mellor a todos/as aqueles/as que veñan desenvolvendo esta labor, ou que se senten interesados en realizarla e o desexan facer nas mellores condicións posibles.
Nestas xornadas trataranse temas de grande interese para aqueles/as que queiran colaborar na labor pastoral nos centros hospitarios como son, entre outros: Biblia e saúde, Pastoral ao doente; Pastoral á familia do enfermo; Atención ao doente terminal; Testemuña no ámbito do hospital”.
O Consello Evanxélico de Galicia, entregará unha acreditación oficial aos asistentes a esta 2ª Xornada Pastoral Hospitalia, que ademais conten co certificado de idoneidade proporcionado pola súa igrexa pertencente ao CEG, a cal lles permitirá acceder aos centros hospitalarios e exercer o ministerio de visitación aos doentes hospitalizados.
Descargar PDF de Información
Descargar Planilla de Inscripción na 2º Xornada Pastoral Hospitalaria
Máis información no teléfono 600 005 875 ou no correo
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Editado: Comunicación Consello Evanxélico |
|
Mércores, 24 Marzo 2010 10:18 |
|
Este próximo sábado 27 de marzo vai ter lugar un encontro para mestres de ERE (Ensino Relixioso Evanxélico) en Galicia. O acto terá lugar no Centro de Campamento de Villar ( Silleda) e desenvolverase ao longo dunha xornada en quenda de mañá e tarde tal e como aparece no arquivo adxunto en PDF, que se achega a esta nota.
O comunicado da convocatoria que foi remitido aos mestres facía refencia á urxencia de inscribirse o ante posible, nel indicábaselle ás persoas que desexen quedar no xantar que a inscripición a relizasen a ser posible antes do 26 de marzo. Engade ademais que se ofrece servizo de gardería para aquelas persoas que previamente o soliciten. Este encontro está aberto tamén a todos os mestres que se atopan na lista de subtitución para mestre de ERE.
Descargar Programa do Encontro en PDF
Consellería de ERE
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|
|
Escrito por Comunicación Consello Evanxélico
|
|
Domingo, 14 Marzo 2010 21:16 |
|
El sábado día 6, a las 6,30 de la tarde, creyentes de toda Galicia, de todas las denominaciones, de múltiples países y procedencias, dedicaron parte de un día de descanso para reunirse en el Salón de Actos del Colegio La Salle, en Santiago de Compostela.
Alrededor de 700 personas levantaron sus voces para adorar a Dios, para reconocerlo como Señor, e interceder por nuestro país con una sola voz.
Se trató de un hecho sin precedentes en Galicia, tantos creyentes reunidos para ORAR, para ponerse en la brecha a favor de nuestro País.
El Consello Evanxélico de Galicia, organizador del evento en nuestra tierra, desea a través de este comunicado, mostrar su agradecimiento.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 2 |