• Galego
  • Español

Directorio:

Calendario

Febreiro 2012 Marzo 2012
Su Mo Tu We Th Fr Sa
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29

Visitantes:

Temos 55 convidados en liña

Consello Evanxélico de Galicia

Quen Somos PDF Imprimir Correo-e

O Consello Evanxélico de Galicia é a Entidade supradenominacional que agrupa a maior cantidade de Igrexas Evanxélicas de Galicia. Atópase dentro da estrutura da Federación de  Entidades relixiosas evanxélicas de España  (FEREDE), e a representa  no  eido  da Comunidade Autónoma de Galicia. Non somos unha Igrexa, senón unha entidade asociativa que acolle na súa membresía Igrexas de diferentes carácteres e tendencias, pero cunhas bases comúns de crenza e doutrina que nos definen como “evanxélicos”.

En tanto que non somos unha igrexa, o nosos fin e obxectivos non son relixiosos. O Consello Evanxélico de Galicia traballa polo ben común de tódalas Igrexas e crentes evanxélicos de Galicia. Promovemos e fomentamos a unión, a comunicación, e a colaboración das Igrexas e institucións Evanxélicas, establecendo canles informativos precisos e plans de actuación conxunta en asuntos que contribúan o desenvolvemento dos fins das entidades membros.

Defendemos, en nome de todos, o dereito a liberdade relixiosa e de culto, así como o dereito a liberdade de conciencia; tamén traballamos en proxectos de alcance xeral que poidan beneficiar, visibilizar e representar os evanxélicos da nosa terra.

Somos os representantes recoñecidos do pobo evanxélico diante das administracións públicas de Galicia; e como tales asinamos acordos e convenios coa Xunta de Galicia; acordos nos que estamos a traballar para a súa actualización e renovación.

Pero, por riba de todo o antes citado, somos cristiáns, cristiáns evanxélicos; e iso defínenos e diferéncianos. Aínda coas nosas diferenzas, hai unha “base doutrinal” que tódolos membros do Consello Evanxélico de Galicia subscriben e respaldan; e que nos une a todos nun mesmo corpo, nun mesmo pobo. Tamén somos Galegos, o que remata por nos definir dunha forma esencial, entendendo “galegos” nun sentido amplo de xentes (non importa a súa procedencia) que viven e aman Galicia, traballan polo seu desenvolvemento e se senten vencellados a esta terra.

En resumo, pódese dicir que o Consello Evanxélico de Galicia é a entidade non eclesial que representa e defende ós evanxélicos galegos, traballando polo desenvolvemento desta terra dende unha óptica cristiá e evanxélica.

Se desexa saber máis de nós, quedamos ó seu dispor.


Que cremos


Esta é a base doutrinal aceptada por todos os membros do Consello Evanxélico de Galicia; se vostede desexa máis información de calquera dos puntos seguintes pode poñerse en contacto con nós e gustosamente atenderemos e resolveremos a súas dubidas ou preguntas.

Base Doutrinal do Consello Evanxélico de Galicia.

  • A soberanía e a Graza de Deus o Pai, Deus o Fillo e Deus o Espírito Santo na creación, a providencia, a revelación e o xuízo final.
  • A Divina inspiración das Sagradas Escrituras e, polo tanto, a súa credibilidade total e a súa suprema autoridade en todo o referente á fe e á conduta.
  • A pecaminosidade universal e a culpabilidade do home afastado de Deus que conleva a condenación.
  • O sacrificio vicario do Fillo de Deus encarnado, único fundamento suficiente de redención da culpabilidade e do poder do pecado, así como das súas consecuencias eternas.
  • A Xustificación do pecador sómente pola Graza de Deus, por medio da fe en Cristo crucificado e resucitado dos mortos.
  • A obra de Deus o Espírito Santo que aluma, rexenera, mora no crente e ó santifica.
  • O sacerdocio de todos os crentes, que na unidade do Espírito Santo, constitúe a Igrexa Universal, o corpo do cal Cristo é a cabeza, comprometidos co mandamento do seu Señor a proclamación do Evanxeo a todo o mundo.
  • A esperanza do retorno visíbel do noso Señor Xesucristo en poder e gloria, a resurrección dos mortos e a consumación do reino de Deus.